O matriarcado galego, o matriarcado vasco: revisión do mito en "Matria" de Álvaro Gago e "Amama" de Asier Altuna

Palabras clave: Galicia, País Vasco, cinema, documental, muller

Resumen

No artigo analízanse as representacións da muller en dous filmes que abordan o tema do matriarcado na cultura galega e vasca respectivamente: a curtametraxe Matria de Álvaro Gago (2017) e a longametraxe Amama de Asier Altuna (2015). O noso obxectivo é reflexionar sobre como se constrúe nelas a imaxe da muller, que tipos de “feminidades” reproducen, dende que perspectiva formulan preguntas acerca do poder feminino e mediante cales estratexias revisan o concepto de matriarcado. A base da análise é “o método antropolóxico-morfolóxico de obra fílmica” de Seweryn Kuśmierczyk, que parte da premisa de que a realidade fílmica, sendo unha imaxe sublimada do mundo fóra da pantalla, reflicte o contexto sociocultural en que xorde a película. Nas conclusións referímonos á ambigüidade das interpretacións da condición feminina representadas nas películas analizadas. A pesar das posturas discrepantes dos seus autores ante o concepto de matriarcado e pese a empregar linguaxes totalmente diferentes, ambas películas resaltan o seu potencial para deconstruír o mito do matriarcado galego e vasco, e para formular un comentario crítico acerca da realidade.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2020-12-06
Cómo citar
Boguszewicz M. y Gajewska M. A. (2020). O matriarcado galego, o matriarcado vasco: revisión do mito en "Matria" de Álvaro Gago e "Amama" de Asier Altuna. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 35-50. https://doi.org/10.5209/madr.73603