Adaptación de neoloxismos ao galego: análise de casos

Palavras-chave: léxico galego, terminoloxía, neoloxismos, adaptacións

Resumo

Esta pescuda ten por obxecto analizar e valorar a adecuación de catro neoloxismos adaptados –tablet, croissant, tweet e covid-19–, ou en proceso de adaptación, á lingua galega así como comprobar a veracidade da hipótese: para que unha variante denominativa calle entre os/as usuarios/as dunha lingua é preciso que a apoie unha autoridade lingüística. O método de análise empregado neste traballo consiste en proporcionar contexto sobre o termo a analizar, buscar documentación en bases de datos e en corpus, presentar graficamente os resultados obtidos a través de táboas, comprobar o carácter normativo das propostas e avaliar a súa adecuación tanto ao uso real como á grafía e fonética galegas. A conclusión principal é que a norma non pode ser estática senón que ten que adecuarse ás necesidades dos/as usuarios/as da lingua.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-08-08
Como Citar
Freire Armada V. . (2023). Adaptación de neoloxismos ao galego: análise de casos. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 283-292. https://doi.org/10.5209/madr.90536
Secção
Notas