Máis textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo
Resumo
A autora deste artigo dá a coñecer unha serie de textos de Ramón Otero Pedrayo que foron publicados na sección “Parladoiro” de La Noche, entre 1946 e 1949, e que, unha vez recuperados, pasan a engrosar o catálogo de obras dramáticas do seu autor con máis dunha decena de pezas. Os textos recuperados son cincuenta e tres. Todos son diálogos, ben na súa totalidade ou ben na súa maior parte. Ábrese o artigo cunha presentación que recolle os estudos realizados até agora sobre a obra dramática e os guións cinematográficos de Ramón Otero Pedrayo. A seguir, e atendendo as súas cualidades dramatúrxicas, a autora realiza unha primeira clasificación dos textos recuperados en dúas categorías e, por último, agrúpaos polos temas habituais na obra do autor, incluíndo o resumo de cada un deles. Como apéndice inclúe unha edición actualizada e divulgativa de dúas desas peciñas: “Teatro de máscaras (5)” e “Ecos do soportal”, en representación de cada un dos agrupamentos propostos.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.