Experimentación musical a partir do emprego de simboloxía de filiación nacional. Baiuca: electrónica e música tradicional galega
Resumo
Baiuca é o resultado da irrupción no panorama musical galego de iniciativas baseadas na actualización da música tradicional galega a partir da aplicación de novas linguaxes musicais e de procesos de resignificación simbólica. Proxecto en solitario de Alejandro Guillán xunto a artistas e colectivos como Adrián Canoura, Xosé Lois Romero e Aliboria, Baiuca propón unha renovación dentro deste ámbito artístico-musical, promovendo a recuperación de ritmos, melodías e tímbricas propias do país. A súa finalidade última consiste en achegar esta dimensión musical a un novo público, localizado en novos espazos e contextos, a partir da utilización de medios alternativos e non convencionais. Tanto no plano sonoro como no visual, resulta evidente a apropiación e a utilización deliberada de simboloxía de filiación nacional, a cal chega a ser o sinal de identidade desta iniciativa. Por iso, o obxectivo principal deste artigo consiste en reflexionar sobre a carga ideolóxica e cultural que rodea a este proxecto. A partir do estudo de caso de temas como “Muíño”, incluído no álbum Solpor (2018), profundaremos na base teórico-musical e na percepción cultural da que parte Guillán. En definitiva, pretendemos emprender a análise dunha proposta musical “revolucionaria” que, inevitablemente, está construída sobre os mesmos estereotipos cos que procura rachar.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.