Imaxes distópicas da crítica política, ecolóxica e social: iconografías na arte gráfica galega
Resumo
Ao falarmos de arte gráfica ou arte impresa, facemos referencia a unha serie de materiais que se están a mover no campo das artes plásticas e da literatura, entre a obra e o documento, realizados en formatos normalmente baratos e efémeros: carteis, fanzines, revistas, panfletos ou banda deseñada. En Galicia serviron como lugar para a experimentación, sobre todo a partir dos anos setenta: ofreceron o espazo para a crítica política, a disidencia e a procura da liberdade de expresión, esquivando a censura que a ditadura impuxera ata o momento. Na arte gráfica galega puidéronse expresar e difundir os movementos sociais. A loita política antifascista, nacionalista, social, económica, feminista e ecolóxica tivo unha forte presenza na edición, manifestándose a través de iconografías particulares que, en moitas ocasións, seguían a idea de distopía. As viaxes no tempo, os anacronismos e os futuros imaxinados servían como metáforas irónicas para representar unha realidade dura, chea de problemáticas que debían ser denunciadas e combatidas. Dende 2 viaxes, de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, ata a resposta do Nunca Máis pola catástrofe do Prestige, o papel impreso recolleu imaxes distópicas como predicións dun futuro apocalíptico que tememos no presente. Neste artigo presentamos unha panorámica para observar puntos en común e diferenzas entre exemplos diversos, que axudarán a comprender o que acontecía na arte contestataria nos momentos de maior revolta social.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.