Socialización bilingüe infantil en Galicia: secuencias conversacionais de chamada de atención nunha aula de educación infantil
Resumo
O traballo que se presenta a continuación aborda a socialización bilingüe infantil nunha aula de Educación Infantil na cidade galega de Vigo, zona maioritariamente castelán-falante; os nenos, un total de vinte cinco, reciben nesta clase un gran input en lingua galega, código base empregado pola mestra, con alternancias en castelán. Neste artigo centrarémonos nun grupo de secuencias conversacionais que teñen lugar durante unha das rutinas máis importantes da xornada escolar, coñecida como Tempo de asemblea; a importancia deste espazo reside en que as tarefas de alfabetización e organización do resto da xornada teñen lugar neste tempo. Dentro destas tarefas atopamos unha serie de interaccións catalogadas como chamadas de atención da mestra cara aos nenos e é nesas secuencias conversacionais nas que fixamos a nosa atención. O principal obxectivo do traballo consiste en analizar as ditas secuencias e comprobar os distintos usos que delas fai a mestra, que funcións lles outorga en relación coas diferentes situacións vividas na aula. A principal conclusión á que chegamos despois da análise realizada é que existe unha diminución deste tipo de interaccións debido á evolución positiva no comportamento dos nenos: estes van crecendo e interiorizando máis correctamente as pautas de comportamento que esixe cada momento da xornada escolar, concretamente este Tempo de asemblea.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.