A recuperación da memoria histórica: Guerra Civil, represión e exilio en Ediciós do Castro
Resumo
A liña editorial que define Ediciós do Castro é a da recuperación da memoria histórica de Galiza, sen distinción de xéneros, autores ou formato. En realidade, máis que unha liña editorial, podemos falar dun fío condutor que se concretaría no estudo da historia da Guerra Civil, a represión e o exilio; un fío que vertebrou dun modo ou outro todas as coleccións de Ediciós do Castro. Neste traballo analízanse dúas coleccións: “Documentos” e a “Biblioteca del Exilio”, coa intención de poñer en valor o traballo feito dende a editorial, xa desaparecida, e homenaxear a figura do seu creador, Isaac Díaz Pardo.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.