De "Trece badaladas" a "Trece campanadas", ou de como dun argumento xurdiron unha novela e unha película (II)
Resumo
O proceso creativo que xerou as obras Trece badaladas de Suso de Toro e Trece campanadas, dirixida por Xavier Villaverde, afástase notabelmente do que adoita ser habitual nestes casos, xa que, polo xeral, a adaptación cinematográfica se realiza cando a obra literaria é un éxito de vendas e se asegura, desta forma, o interese dun determinado público. Neste caso, a novela de Suso de Toro e a película de Villaverde facíanse practicamente á vez, de tal xeito que a publicación do libro só antecede á estrea do filme nuns meses. Neste traballo pretendemos bosquexar a historia dun proxecto que derivou en dúas obras moi diferentes entre si e analizar os puntos de encontro e desencontro entre estas.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.