Subverter o erotismo poético: alumar a palabra que exclúe a mononorma
Resumo
Este artigo estuda como o sistema monógamo (Vasallo 2018) e o biografismo interfiren como mediadores ideolóxicos na lectura da poesía erótica sexualizando as voces poéticas segundo o sistema sexo-xénero (Lauretis 2013), a orientación sexual (sempre interpretada como monosexual) e a orientación relacional (asumida, practicamente na totalidade dos casos, como monógama) da figura autorial. A análise céntrase na recepción crítica de seis poemarios eróticos de diferente autoría publicados entre o ano 2000 e o 2010 para coñecer en profundidade o discurso sobre os praceres e os afectos que circula no eido da literatura. Ao mesmo tempo, achégase directamente aos poemas para mostrar os novos significados poéticos que se poden obter se realmente se acepta o pacto ficcional (Eco 1985, 1987) intrínseco á literatura. Estas relecturas dialogarán coas propostas teóricas de autoras como Rich (1996), Esteban (2011), Mogrovejo (2016), entre outras, e constatarán como a deconstrución da ollada lectora e a adopción dunha óptica non-monógama transfeminista sacan á luz unha poesía erótica galega pluriafectiva que se mantén oculta por causa dun pensamento asentado na hegemonogamia (Rosso 2009) e nun monosexismo que nega a realidade bisexual (Lucio, 2019).
Downloads
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.




