Crenza, superstición e costumes populares na Galicia medieval. Revisión crítica das fontes sinodais e cronísticas entre os séculos VI e XIV para unha historia social

Palavras-chave: mentalidade medieval, reino de Galicia, crenza e superstición, historia social, fontes escritas

Resumo

Este artigo revisa de xeito crítico o corpus de fontes eclesiásticas normativas e cronísticas producidas no extremo noroeste da península Ibérica, identificando aqueles contidos susceptibles de construír unha historia social e da superstición no reino de Galicia durante Idade Media. Concretando en usos e costumes populares, establécense como obxecto de estudo os comportamentos individuais e colectivos xerados polas devanditas nocións e as súas significacións relacionadas. O artigo argumenta que é posible iniciar un discurso unitario en materia, espazo e período, na longa duración da Idade Media. Para iso a investigación identifica e analiza de maneira crítica tres segmentos de información chave: as obras catequéticas do século VI; a produción sinodal e cronística a partir do século XI; e a súa correspondente nos séculos XIII-XIV. Neles identifícanse prácticas e ideas concretas con continuidade no tempo para o noroeste peninsular, permitindo avaliar e iniciar a posibilidade interpretativa dun discurso maior.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2024-12-21
Como Citar
Sánchez Sánchez X. M. (2024). Crenza, superstición e costumes populares na Galicia medieval. Revisión crítica das fontes sinodais e cronísticas entre os séculos VI e XIV para unha historia social. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 27, e104572. https://doi.org/10.5209/madr.104572
Secção
Monográfico