Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, foi aceptada para a súa indexación no Emerging Sources Citation Index (ESCI), a nova edición de Web of Science

2017-11-16

Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, foi aceptada para a súa indexación no Emerging Sources Citation Index (ESCI), a nova edición de Web of Science. O índice ampliará o universo de publicacións na Web of Science para incluír publicacións de alta calidade e revisadas por pares de importancia rexional e de campos científicos emerxentes. Os contidos do índice superaron unha avaliación inicial e están sendo considerados por Thomson Reuters para a súa inclusión en bases de datos como Science Citation Index Expanded™, Social Sciences Citation Index®, e Arts & Humanities Citation Index®.