Na sombra da existencia. Wisława Szymborska en galego

  • Maria Filipowicz-Rudek Universidade Iaguelónica de Cracovia
Palabras clave: crítica de tradución, diálogo intercultural, poesía polaca, poesía galega, Wisława Szymborska

Resumen

O artigo ofrece unha lectura profunda da escolma bilingüe da poesía da premio Nobel polaca Wisława Szymborska seleccionada e traducida ao galego por Lucía Caeiro (Positivas, 2011), que abarca diversos planos textuais e metatextuais do orixinal polaco e a súa versión galega. A escolma presentada constitúe o primeiro encontro serio entre as dúas literaturas, e ante todo tradicións poéticas, confrontando dúas sensibilidades lingüísticas, literarias e existenciais. Esta confrontación, no entanto, permite tirar interesantes conclusións sobre todo con respecto ao diálogo entre as dúas culturas tanto no nivel dos valores semánticos (referencias universais e locais) como no nivel da calidade da linguaxe poética (musicalidade, imaxes, concisión). Unha lectura profunda, contrastada ás veces con diferentes versións dos poemas de Szymborska noutras traducións permite formular a tese de que a versión galega da poeta polonesa crea unha nova calidade poética entre unha ampla serie de traducións de Szymborska ás linguas ibéricas.

Descargas

Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Filipowicz-Rudek M. (2019). Na sombra da existencia. Wisława Szymborska en galego. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 161-172. https://doi.org/10.5209/madr.66857
Sección
Artículos