A linguaxe non sexista no CORGA: descrición e reflexión sobre as variantes empregadas

  • María Caíña Hurtado Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
  • Eva María Domínguez Noya Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades; Universidade de Santiago de Compostela
  • María Sol López Martínez Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades; Universidade de Santiago de Compostela
Palabras clave: linguaxe non sexista, corpus, galego, xénero gramatical

Resumen

Nas últimas décadas un sector da poboación entende que o masculino se considera termo non marcado da oposición xenérica por seren tradicionalmente os homes os que posuían o poder, e non sente que as diferentes identidades xenéricas estean representadas no masculino empregado como termo non marcado. Asistimos pois á loita para acadar a igualdade entre homes e mulleres tamén dende a lingua, por unha banda facendo visible o xénero feminino, e pola outra anulando a distinción xenérica como elemento clasificador dual. Entre as opcións que se propoñen para acadar estes fins destacan a duplicación dos termos (os alumnos e as alumnas, as alumnas e os alumnos), a escolla dun termo xenérico (o alumnado) e a introdución de grafías innovadoras: os/as alumnos/as, as/os alumnas/os, @s alumn@s, xs alumnxs e, a máis recente, es alumnes. Neste traballo, tras unha breve panorámica explicativa, describiremos o uso destas formas no galego escrito actual a través dos datos recollidos no Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA), e proporemos abrir un debate lingüístico sobre o establecemento dun novo valor na categoría gramatical xénero e a súa posible inclusión nas gramáticas descritivas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Caíña Hurtado M., Domínguez Noya E. M. y López Martínez M. S. (2019). A linguaxe non sexista no CORGA: descrición e reflexión sobre as variantes empregadas. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 73-91. https://doi.org/10.5209/madr.66853
Sección
Artículos