'Quéresme facer o favor de calar?': para unha gramática comunicativa do galego

  • Ana Bravo García Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
  • Nerea López Iglesias Universidade do Minho; Universidade de Santiago de Compostela
Palabras clave: galego, gramática comunicativa, ensino de linguas, función comunicativa

Resumen

O estudo das funcións comunicativas é esencial para a aprendizaxe de linguas. Nos últimos anos estase a desenvolver unha liña de traballo, notablemente frutífera, que ten como obxectivo a elaboración de gramáticas comunicativas e a súa aplicación didáctica. Malia isto, non existe unha obra de referencia destas características no ámbito do galego. Por esta razón, a intención principal deste traballo é a de achegar unha serie de parámetros fundamentais para a elaboración dunha obra deste tipo, a partir da descrición das funcións de petición e de mandato dende un punto de vista comunicativo. Teranse en conta, así mesmo, as posibles aplicacións didácticas que deben ter estas gramáticas, de maneira que poidan constituír unha ferramenta de maior utilidade tanto para o profesorado como para o alumnado.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Bravo García A. y López Iglesias N. (2019). ’Quéresme facer o favor de calar?’: para unha gramática comunicativa do galego. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 63-72. https://doi.org/10.5209/madr.66852
Sección
Artículos