Aproximación lingüístico-etimolóxica á toponimia das comarcas de Xallas, Fisterra e Soneira

  • Paulo MARTÍNEZ LEMA
Palavras-chave: Estudos toponímicos, Etimoloxía, Gramática histórica, Fontes documentais

Resumo

Neste traballo abordamos o estudo etimolóxico de once topónimos que dan nome a outras tantas entidades de poboación das comarcas galegas de Xallas, Fisterra e Soneira. Con esa finalidade recollemos as atestacións deses nomes de lugar existentes en distintos cartularios medievais desa mesma área xeográfica e contrastamos cada forma con outros homónimos, cognados ou denominacións toponímicas estruturalmente análogas (galegas e do contexto románico), así como con elementos do léxico común que puidesen ter sufrido un tratamento similar a nivel fonético, semántico ou de calquera outro tipo. A conxunción destas variábeis lévanos a propor para cada topónimo unha base etimolóxica cuxa evolución, nalgúns casos, obriga a ter en conta aspectos como a hipercorrección, a refacción toponímica ou a consolidación gráfica de fenómenos coma o seseo. Noutros casos, esa base etimolóxica revélanos a existencia en época arcaica de lexemas que perderon o seu valor apelativo e ficaron fosilizados como topónimos.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2010-07-01
Como Citar
MARTÍNEZ LEMA P. . (2010). Aproximación lingüístico-etimolóxica á toponimia das comarcas de Xallas, Fisterra e Soneira. Revista de Filología Románica, 27, 237-262. https://revistas.ucm.es/index.php/RFRM/article/view/RFRM1010110237A
Secção
Artículos