Os primeiros poemas de Aurelio Aguirre na prensa galega (1951)

  • Olivia Rodríguez González Universidade da Coruña
  • Xurso Martínez González Universidade de Vigo

Abstract

Ao fío dunha investigación sobre Neira de Mosquera na prensa compostelá, localizáronse no xornal El Santiagués (1850-1851) cinco poemas esquecidos de Aurelio Aguirre que se suman aos que se presentaron na edición crítica da obra recuperada do poeta en 2013. O interese do achádego reside en que son, polo momento, os primeiros versos que o poeta publica na prensa, e en que reafirman documentalmente a vinculación da Xeración de 1856 coa protagonista do preludio á Revolución de 1846, ambas educadas no provincialismo. Analízase o papel da prensa no campo literario galego do s. XIX e edítanse os textos aguirrianos acompañados dunha análise literaria que parte da súa contextualización no segundo romanticismo en Galicia.

Downloads

I dati di download non sono ancora disponibili.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Pubblicato
2017-02-10
Come citare
Rodríguez González O. y Martínez González X. (2017). Os primeiros poemas de Aurelio Aguirre na prensa galega (1951). Revista de Filología Románica, 33(1), 63-74. https://doi.org/10.5209/RFRM.55232
Sezione
Varia