-

  • Tania Vázquez García Universidade de Santiago de Compostela

Résumé

As soldadeiras son un dos axentes culturais máis controvertidos relacionados coa performance dos textos líricos galego-portugueses. O nome soldadeira procede etimoloxicamente do termo soldada, que denominaba o pagamento que percibían polo seu labor, podendo ser aquel unha retribución económica ou máis posiblemente elementos materiais. Unha soldadeira sería entón, rigorosamente, unha muller que traballaba a cambio dunha soldada. Non obstante, semella que a moral misóxina do momento confundiu as figuras que vendían a súa arte con aquelas que vendían o seu corpo. Coa finalidade de tratar de coñecer mellor o emprego dos termos soldada e soldadeira na Idade Media, realizaremos unha análise comparativa da semántica que adquiren eses vocábulos en distintas obras da literatura románica medieval. Desta forma, poderemos concluír se estas figuras son merecedoras das sátiras que recibiron por parte dos seus contemporáneos ou se, polo contrario, se trata dun discurso de crítica aos personaxes femininos.

Téléchargements

Les données relatives au téléchargement ne sont pas encore disponibles.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publiée
2022-11-03
Comment citer
Vázquez García T. (2022). -. Revista de Filología Románica, 39, 19-27. https://doi.org/10.5209/rfrm.81279
Rubrique
Artículos