Vicente Risco e a modernidade. Lectura e análise de tres relatos
Resumo
Insatisfeito, descontento co seu tempo, Vicente Risco participou con afouteza —igual fixeron moitos outros escritores coetáneos— no asalto literario aos grandes mitos dos séculos XIX e XX: a razón, a ciencia e o progreso. Para conseguir o seu obxectivo valeuse, indistintamente, de ensaios, novelas e pequenas narracións. Este traballo pretende demostrar que unha parte da súa obra narrativa, a formada polos relatos Do caso que lle aconteceu ó doctor Alveiros, O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, foi pensada e escrita desde unhas premisas irracionalistas nas que o soño, a fantasía, o mito, a lenda, a tradición, a natureza e o instinto eran as verdadeiras vías de acceso ao máis auténtico e real. - Insatisfecho, descontento con su tiempo, Vicente Risco participó con valentía —lo mismo hicieron otros muchos escritores coetáneos— en el asalto literario a los grandes mitos de los siglos XIX y XX: la razón, la ciencia y el progreso. Para conseguir su objetivo se valió, indistintamente, de ensayos, novelas y pequeñas narraciones. Este trabajo pretende demostrar que una parte de su obra narrativa, la formada por los relatos Do caso que lle aconteceu ó doctor Alveiros, O lobo da xente y A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, fue pensada y escrita desde unas premisas irracionalistas en las que el sueño, la fantasía, el mito, la leyenda, la tradición, la naturaleza y el instinto eran las verdaderas vías de acceso a lo más auténtico y real.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.