O Couto Mixto: Autogoberno, fronteiras e soberanías distantes
Resumo
Neste artigo abórdanse sumariamente algúns aspectos sociopolíticos dunha entidade organizativa do século XIX, xa desaparecida, situada na raia seca galego-lusa, denominada Couto Mixto. Unha potencial, talvez idealizada, Andorra galego-portuguesa, microcosmos da Gallaecia, que resultou abortada en 1864 polos Estados español e portugués de común acordo, pero que ten suscitado un renovado interese nos últimos tempos por mor dunhas peculiares características que ben poderían servir de modelo para a innovación das cansadas democracias representativas europeas de comezos do século XXI. - En este artículo se abordan sumariamente algunos aspectos sociopolíticos de una entidad organizativa del siglo XIX, ya desaparecida, ubicada en la raya seca gallego-portuguesa, denominada Couto Mixto. Una potencial, tal vez idealizada, Andorra gallego portuguesa, microcosmos de la Gallaecia, que resultó abortada en 1864 por parte de los Estados español y portugués de común acuerdo, pero que ha suscitado un renovado interés en los últimos tiempos, debido unas peculiares características que, acaso, podrían servir de modelo para la innovación de las cansadas democracias representativas europeas de principios del siglo XXI.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.