Álvaro de las Casas, autor dramático. Unha estimanza
Resumo
Entre 1926 e 1936, Álvaro de las Casas publica un total de dezaseis pezas dramáticas en lingua galega, de variada feitura e temática, e algunha novela relevante, ao tempo que desenvolve unha intensa actividade cultural e política, quer vinculada co catolicismo máis tradicional quer nun galeguismo de signo arredista que contribúe a conformar. Con este artigo, asentado nunha revisión de literatura e na análise desa súa obra, salientamos os trazos máis singulares da mesma e consideramos as achegas do autor ás nosas letras, mostrando igualmente como as súas idas e vindas polo espectro ideolóxico e político tamén se reflicten nesa obra literaria. Como conclusión destacamos a riqueza e diversidade desa creación dramática e os seus valores máis substantivos.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.