Galaicofobia e propaganda: Galiza e os galegos nas crónicas ao servizo dos Reis Católicos
Resumo
Se desde a primeira metade do século XV o cargo de cronista adquiriu unha crecente relevancia na corte castelá, será durante o reinado dos Reis Católicos cando a produción cronística emerxa con forza como un dos principais piares ideolóxicos e propagandísticos ao servizo dos monarcas. Os cronistas, en tanto que encargados de facer chegar un relato oficial e apoloxético do reinado, foron os encargados de elaborar todo un corpus literario destinado a glorificar a memoria rexia mais tamén a sustentar a propia lexitimidade de Isabel I, como tamén o proxecto político autoritario desenvolvido pola parella real. No presente artigo analízase o discurso propagandístico presente nas crónicas rexias e utilizado para narrar as accións político-bélicas emprendidas polos Reis Católicos no reino de Galiza, así como os indicios dunha galaicofobia emerxente, coa instrumentalización da imaxe tópica do reino e do estereotipo antigalego como medio de xustificación destas.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.