Negar o azul. A poesía do Prestige na literatura galega
Resumo
O accidente do petroleiro Prestige acontecido fronte á costa galega en novembro de 2002 e a xestión da catástrofe medioambiental deu lugar a unha mobilización cidadá con grande implicación dos axentes da cultura. O papel desenvolvido pola poesía quedou patente na celebración de numerosos recitais ao longo da xeografía galega, así como da publicación de catro volumes colectivos. O presente artigo ten como obxectivo a análise da poesía escrita en galego a raíz do accidente. O estudo céntrase no corpus de poemas publicados nos meses inmediatamente posteriores ao afundimento e atende á continuidade do ciclo. Ademais de facer unha achega ao contexto, tanto social como literario, no que este corpus xorde, o traballo identifica os principais trazos comúns, temáticos e formais, da poesía do Prestige.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.