As mulleres como fazedoras e gardiás da cultura escrita na Galicia medieval. Unha achega preliminar
Resumo
As mulleres estabeleceron un amplo conxunto de relacións coa cultura escrita no seo da sociedade medieval galega. Non obstante, máis alá de insistir unha vez máis nas dificultades que se presentan á hora de documentar a súa alfabetización e o seu papel como escritoras ou autoras, e incluso como lectoras –os temas que estiveron máis presentes nos estudios socio-literarios sobre as mulleres medievais–, o obxectivo deste traballo é ofrecer, a partir das fontes galegas, unha achega preliminar a esa máis complexa e, sobre todo, máis heteroxénea rede de relacións que existiron entre as mulleres e a cultura escrita, presentándoas, fundamentalmente, como fazedoras e gardiás da cultura escrita medieval na súa condición de promotoras, impulsoras, mecenas, propietarias, transmisoras ou custodias de textos documentais, literarios ou epigráficos. Trátase, polo tanto, de ofrecer unha proposta global para repensar a relación das mulleres medievais galegas coa cultura escrita en clave de iniciativa, promoción ou “axencia” (agency) femininas e de insistir na participación activa das mulleres na produción e conservación do patrimonio documental da Galicia medieval.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.