Xohán Casal a través das súas lecturas: a formación literaria dun escritor galego na posguerra

Palavras-chave: Xohán Casal, narrativa galega, literatura galega século XX

Resumo

Xohán Casal (1935-1960) desenvolveu o seu labor como escritor galego no período da ditadura franquista. Durante a década dos 50, en plena mocidade, o autor tivo que esforzarse por acadar unha boa formación lectora, malia os atrancos da censura e a penuria editorial. Grazas á consulta dos documentos persoais de Casal depositados en 2010 na Real Academia Galega (Fondo Xohán Casal), achéganse datos e testemuños das obras que integraron o seu acervo de lecturas. As obras clásicas de Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Castelao e Luís Seoane revélanse como lecturas de referencia fundamentais para Casal no ámbito galego, mentres que as pezas de B. Brecht e S. O’Casey destacan entre as súas preferencias no plano internacional. O estudo dos escritos de Casal proporciona referencias útiles para situar este autor tanto en relación co sistema literario galego (na súa tradición e na súa contemporaneidade) como en relación con outros sistemas literarios.

Downloads

Não há dados estatísticos.

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2023-08-08
Como Citar
Bermúdez Montes M. T. . (2023). Xohán Casal a través das súas lecturas: a formación literaria dun escritor galego na posguerra. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 25, 35-50. https://doi.org/10.5209/madr.90523
Secção
Artigos