Emilia Pardo Bazán, primeira teórica e crítica do Rexurdimento
Resumo
Especialmente durante a década 1880-1890, Emilia Pardo Bazán levou adiante unha intensa actividade teórica e crítica, tanto no caso español, como no da emerxente literatura en lingua galega. Ela foi a primeira en tratar teoricamente a idea de renacemento aplicada á realidade galega daqueles anos e tamén a primeira en facer unha análise crítica certamente extensa dos autores máis relevantes daquel período: Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Valentín Lamas Carvajal. Ela foi a responsable en boa medida da introdución do paradigma de Michelet, co que fixo comparatismo entre o “renacimiento” galego e a “renaixença” catalá. Debullou as grandes obras e autores deste período e o impacto das súas críticas foi moi considerable, tanto a efectos de marcar rumbos interpretativos nas historias da literatura posteriores, como á hora de crear importantes polémicas e mesmo orixinar contestacións críticas en formato literario coma O divino sainete. Este tipo de intervención da nosa autora cómpre situalo no contexto das disputas onde o literario se mestura co ideolóxico e en definitiva no da loita aberta polo incipiente capital simbólico.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.