Galiza vista por Archer Milton Huntington: A Note-Book in Northern Spain (1898)

Palavras-chave: Archer Milton Huntington, literatura de viaxes, viaxeiros anglosaxóns, identidade galega

Resumo

En 1898, Archer Milton Huntington, futuro fundador da Hispanic Society of America, publica A Note-Book in Northern Spain, un libro de viaxes cuxos capítulos iniciais están dedicados a Galiza, especialmente á Coruña e a Santiago de Compostela. O obxectivo deste artigo é analizar a imaxe de Galiza plasmada no volume, no marco da representación de España construída polo ollar anglosaxón, particularmente o norteamericano, reflectido na literatura de viaxes, na incipiente produción académica hispanista e na moda hispana que se expande polas artes en Estados Unidos na viraxe do século, coincidindo cun momento de conflicto político entre ambos estados. Mostraremos como A Note-Book in Northern Spain combina as impresións directas do viaxeiro sobre Galiza, coa información proveniente de fontes librescas, singularmente de Galicia (1888) de Manuel Murguía, obra referente do rexionalismo galego, e de Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia (1880) de Fidel Fita e Aureliano Guerra, dos estudos xacobeos. A análise terá en conta a información complementaria das viaxes de Huntington a España e a Galiza recollida nos seus diarios.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-16
Como Citar
López T. (2020). Galiza vista por Archer Milton Huntington: A Note-Book in Northern Spain (1898). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 235-250. https://doi.org/10.5209/madr.73610