Forma e función do sufixo -bel / -ble (< lat. -BῘLIS) no galego posmedieval

Palavras-chave: galego posmedieval, sufixo -bel / -ble, purismo lingüístico

Resumo

Como continuación de dous traballos anteriores dedicados ao estudo deste sufixo no galego medieval, neste artigo presento información sobre a súa forma e a súa función desde o século XVI ata hoxe. Canto á forma, obsérvase que nas fontes do galego medio (séculos XVI-XVIII) hai un predominio case absoluto das variantes con síncope da vogal postónica (-ble, -bre), mentres que nas do galego contemporáneo (séculos XIX-XXI), aínda predominando estas, produciuse unha revitalización da variante maioritaria no galego medieval (-vel(e), agora escrita -bel) promovida conscientemente desde o galeguismo político e cultural. Respecto das características funcionais e semánticas deste sufixo, cómpre subliñar que, como xa sucedía na Idade Media, no galego medio e no contemporáneo seguiu contendendo con outros (-deiro, -dor, -tivo...) para expresar a capacidade activa, valor semántico que adopta cando se agrega a bases verbais intransitivas ou usadas intransitivamente.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Ramón Mariño Paz, Universidade de Santiago de Compostela.

Instituto da Lingua Galega

##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-18
Como Citar
Mariño Paz R. (2020). Forma e función do sufixo -bel / -ble (< lat. -BῘLIS) no galego posmedieval. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23, 233-253. https://doi.org/10.5209/madr.73073
Secção
Artigos