Copia, marcas “anómalas” e eclosión do refrán nos testemuños da lírica galego-portuguesa (Cancioneiro da Ajuda, Lisboa)

Palavras-chave: refrán, Cancioneiro da Ajuda, tradición manuscrita, lírica profana galego-portuguesa

Resumo

A edición das cantigas copiadas no Cancioneiro da Ajuda (A) e o estudo deste manuscrito nos seus máis pequenos detalles materiais e organizativos enfróntannos a un problema que afecta os poemas dotados de refrán: trátase do illamento e da marcaxe, no proceso de copia, deste elemento estrutural da composición. Neste traballo analizaremos os diversos sectores do códice en que se detectan marcas anómalas –en determinados casos corrixidas nas marxes do folio coas oportunas notas técnicas–, os textos que ofrecen estribillos de dubidosa interpretación e os autores a que pertencen, así como a súa distribución ao longo da antoloxía poética. Queremos verificar, así, como funciona o refrán e en que cronoloxía se produce a súa eclosión, e se estes sectores coinciden, e por que, con zonas do manuscrito que foron xa identificadas en traballos previos como “zonas de conflito” na copia inestable dun cancioneiro que, a partir dun determinado momento, segue fontes diversas, non orgánicas, que non foron sometidas ao filtro previo que caracteriza o primero sector do códice.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Biografia Autor

Mariña Arbor Aldea, Universidade de Santiago de Compostela.

Departamento de Filoloxía Galega.

##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2020-12-18
Como Citar
Arbor Aldea M. (2020). Copia, marcas “anómalas” e eclosión do refrán nos testemuños da lírica galego-portuguesa (Cancioneiro da Ajuda, Lisboa). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23, 39-60. https://doi.org/10.5209/madr.73065
Secção
Artigos