'Os vellos non deben de namorarse', de Castelao: xestación e recepción
Resumo
Este artigo estuda o longo proceso de xestación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao e a súa recepción. Apoiándose en todo tipo de documentos (correspondencia, notas de prensa, artigos de xornal, manuscritos, críticas e autocríticas da estrea...) estabelécense tres períodos para a xestación da obra: Teatro de arte (1921-1923), Teatro de Caretas (1934-1936) e Os vellos non den de namorarse (1939-1941), cunha especial atención aos dous manuscritos que se conservan no Museo de Pontevedra e que non coinciden plenamente no seu contido. A seguir analízase a recepción da obra desde dúas perspectivas: a do público que asistía habitualmente ao teatro galego que se representaba na capital arxentina e a do público máis preparado e especializado, tanto da colonia galega como da cidade de Buenos Aires. Cérrase coas Conclusións en que se sostén que o Epílogo foi engadido a última hora, nun intento do autor de achegar o seu texto ao gusto do público popular ao que Castelao sempre se dirixía e a cuxo éxito vinculara o seu desexo de seguir escribindo para o teatro. Inclúese, en Anexo, un artigo de Castelao publicado no xornal Crítica que non está recollido en ningunha das compilacións da súa prosa.
Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.