O vianés e o galego da área zamorana. Particularidades en común destas variedades do galego oriental

  • Concepción Álvarez Pousa Universidade de Santiago de Compostela

Resumo

O obxectivo deste artigo é dar a coñecer a variedade lingüística ourensá da Terra de Viana do Bolo, o vianés, e as variedades do galego da área zamorana comprendida pola fala ourensá da Mezquita e as falas zamoranas das Portelas, pertencentes ao galego oriental. Tras un primeiro achegamento a estes territorios afondarase na caracterización lingüística das variedades mencionadas para a continuación detallar as particularidades que o vianés, dada a súa proximidade, posúe con respecto ás falas veciñas da área zamorana. Asemade, abordarase a situación sociolingüística da zona referenciada e apoiarase o explicado coa transcrición de mostras orais pertencentes ao vianés e á área zamorana. Verbo dos resultados conclúese, que o vianés, pertencente á área oriental-central, comparte varios riscos dialectais coas variedades do galego da área zamorana, ambas as áreas pertencentes ao galego oriental, principalmente en ámbitos como a fonética e a morfosintaxe.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2019-12-05
Como Citar
Álvarez Pousa C. (2019). O vianés e o galego da área zamorana. Particularidades en común destas variedades do galego oriental. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 15-30. https://doi.org/10.5209/madr.66849
Secção
Artigos