O paso de Graham Greene polo Pazo de Barrantes en 1987
Resumo
A partir de 1976 o novelista inglés Graham Greene comezou a viaxar periodicamente a España convidado polo seu amigo Leopoldo Durán Justo, sacerdote galego e profesor da Universidade Complutense de Madrid. Comezou así unha tradición anual de vacacións pola Península Ibérica que alcanzou un total de quince visitas até a morte do autor en 1991. Desde esta primeira viaxe Greene tivo a oportunidade de coñecer numerosos paraxes galegos, moitos dos cales se converterían en visitas obrigadas, aínda que a viaxe de 1987 reviste especial interese para comprender a súa relación persoal con Galiza. Os itinerarios dese verán estiveron marcados polo convite do empresario galego Vicente Cebrián, conde de Creixell, para visitar a sede das adegas Murrieta e para hospedarse tres días no Pazo de Barrantes, en Pontevedra. A hospitalidade do conde veu acompañada dunha singular proposta ao escritor: que accedese a prestar o seu nome a unha iniciativa que Cebrián tiña en proxecto, a Fundación Graham Greene. O presente artigo reconstrúe a decimocuarta e penúltima viaxe de Greene a España a partir de notas biográficas de Durán, que nunca chegou a facer públicas, e dun excepcional diario escrito polo propio Greene. Así, ofrécese información inédita para recrear as principais anécdotas acontecidas, prestando especial atención aos días en que os viaxeiros se hospedaron no Pazo de Barrantes como convidados dos condes de Creixell.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.