"Sobredose dun rostro": o poder dun retrato de Ingrid Bergman e as súas conse- cuencias
Resumo
Este traballo trata sobre a lectura dun poema de Manuel Álvarez Torneiro tendo en conta o poder da imaxe e as consecuencias físicas e psíquicas que poden chegar a espertar nos receptores da obra de arte. Na análise do poema, téñense en conta tanto os recursos que se empregan nos versos como a situación que se pode imaxinar que está a pasar o “eu poético”, pois este non deixa de ser un exemplo de admirador artístico que se deixa alterar pola imaxe que ve, do mesmo xeito que podería facer o lector do poema. Neste sentido, trátase a representación artística en xeral que conmove o espectador, a creación de vida que se fai grazas á conmoción que se sofre e as consecuencias que veñen da man desa conmoción; sempre, todos estes aspectos, tendo como referencia o exemplo do poema obxecto de estudo, “Tardes de Ingrid Bergman”, escusa que se emprega para tratar estes temas.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.