Contribución aos estudos de lírica medieval galegoportuguesa en Arxentina na década de 1960: a obra de Nydia G. B. de Fernández Pereiro
Resumo
A contribución de moitos arxentinos aos estudos medievais ibéricos durante o século XX é un feito amplamente coñecido e documentado. Outro tanto podería dicirse das aportacións brasileiras e arxentinas ás investigacións específicas sobre a lírica galegoportuguesa. Cómpre, nesta fase do avance destes estudos, retomar e revisar estas publicacións de diversa magnitude e perspectiva, como os escritos académicos de Nydia G. B. de Fernández Pereiro, co obxectivo de valorarmos e considerarmos o seu impacto e legado. Este artigo proponse como un dos primeiros resultados da investigación dalgúns membros do proxecto de investigación “Tensións e contactos na tradición lírica románica da Idade Media e do Renacemento até as súas proxeccións na Modernidade” (Dir. G. Chicote e S. Disalvo, 2014-2017), do IdIHCS e da Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación (UNLP, Arxentina).Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.