Os dicionarios galegos e os marcadores discursivos operadores e de control de contacto

  • Alexandre Rodríguez Guerra Universidade de Vigo, Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
Palavras-chave: Galego, dicionarios, marcadores discursivos, operadores, control de contacto.

Resumo

Nesta contribución investígase a presenza dunha serie de marcadores discursivos en sete dicionarios galegos actuais de distinto formato e macroestrutura. En concreto, estúdanse dous grupos de marcadores: (i) operadores e (ii) de control de contacto. A partir da proposta de Freixeiro Mato para o galego, revísanse cales son estas unidades, compróbase a súa inclusión ou non nos dicionarios seleccionados e analízanse as acepcións asimilables ós valores discursivos asociados a estes dous conxuntos de marcadores discursivos. Neste sentido, os operadores amosan unha maior presenza cós de control de contacto. Tamén se examinan todas as definicións que se ofrecen, as clases de palabras con que se identifican e os exemplos proporcionados. A análise contrastiva dos resultados revela que os dous tipos básicos de definición empregados son o conceptual sinonímico (simple e múltiple) e o funcional. Na escolla dun modelo ou doutro de definición vai xogar un papel fundamental o tipo de marcador discursivo. As categorías gramaticais asociadas a estas unidades xiran ó redor de dous polos básicos: un deles será o da propia indefinición categorial e o outro privilexiará algunhas das categorías invariables. Finalmente, tamén se verifica a documentación moi desigual de exemplos nos diferentes dicionarios.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
Rodríguez Guerra A. (2018). Os dicionarios galegos e os marcadores discursivos operadores e de control de contacto. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 217-237. https://doi.org/10.5209/MADR.62602
Secção
Artigos