A industria dos curtumes en Galicia: unha visión sistemática sobre a súa implantación no territorio no século XX

  • Claudio Otero Eiriz Xunta de Galicia.
Palavras-chave: Industria, curtumes, Galicia, localización industrial.

Resumo

O sector dos curtumes foi unha das principais industrias que operaron na historia de Galicia, conclusión que se pode tirar só con analizar dous aspectos, o da súa produción cuantitativa e o do seu esparexemento físico por todo o territorio galego. No que atinxe ao primeiro dos aspectos, se observamos as series históricas das estatísticas administrativas das contribucións industriais a nivel estatal veremos que a mediados do século XIX un de cada catro coiros que se fabricaban no Estado se producían por fábricas de curtumes chantadas en Galicia. No segundo dos aspectos, os curtidoiros en Galicia non se localizan nunha área determinada senón que se ciscan por todo o país de xeito que nun de cada catro concellos e en case que en todas as comarcas se inzaron fábricas para curtir peles. No estudo desta extraordinaria localización industrial é na que se pretende afondar con este artigo, co fin de identificar os curtidoiros concretos que operaron en cada concello galego e tirar conclusións sobre as lóxicas de localización que levaron a que no país este sector industrial se achase tan espallado por todo o territorio.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
Otero Eiriz C. (2018). A industria dos curtumes en Galicia: unha visión sistemática sobre a súa implantación no territorio no século XX. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 157-172. https://doi.org/10.5209/MADR.62598
Secção
Artigos