Familia, poder e relixiosidade dunha aristócrata baixomedieval galega. As últimas vontades de dona Xoana de Castro (1467)

  • Miguel García-Fernández Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Universidade de Santiago de Compostela.
Palavras-chave: Mulleres, aristocracia, testamentos, Galicia, século XV.

Resumo

Dona Xoana de Castro foi unha destacada aristócrata que viviu na Galicia do século XV vinculada a dúas das principais liñaxes do momento: os Castro –pois a súa familia de orixe era a dos Castro de Castroverde– e os Moscoso –xa que casou con Rodrigo de Moscoso, converténdose, ademais, na nai dos sucesores da liñaxe. Aínda que se conservan diversos datos dispersos sobre esta nobre, até o de agora estaban inéditas as súas últimas vontades. Por iso, o obxectivo deste traballo é dar a coñecer o seu testamento, conservado nunha copia moderna e, ao mesmo tempo, ofrecer unha primeira aproximación global á familia, poder e relixiosidade de dona Xoana. Desta forma será posible analizar as súas últimas vontades no seu contexto e, ao mesmo tempo, achegármonos á vida e actuacións desta aristócrata que tivo un notable protagonismo social e económico –especialmente durante a súa viuvez–, evidenciando unha vez máis que as aristócratas non foron simples “damas encerradas en castelos”.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
García-Fernández M. (2018). Familia, poder e relixiosidade dunha aristócrata baixomedieval galega. As últimas vontades de dona Xoana de Castro (1467). Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 133-156. https://doi.org/10.5209/MADR.62597
Secção
Artigos