"Galanteo de mozo e moza", romance en lingua galega (séc. XVIII). Edición e estudo

  • Rosario Álvarez Universidade de Santiago de Compostela - Instituto da Lingua Galega.
Palavras-chave: Poesía do século XVIII, galego medio, romance, Idade Moderna, Séculos Escuros, padre Feijoo.

Resumo

O obxectivo desta contribución é darmos a coñecer un romance escrito en lingua galega no século XVIII, do que se tiña noticia desde principios do século XX mais que ata agora estaba desaparecido. Forma parte do volume manuscrito Ocios poéticos..., no que alguén reuniu os papeis literarios do padre Feijoo á súa morte, na súa maioría composicións poéticas do sabio bieito. Dentro dos obxectivos está tamén argumentar sobre a posible autoría e datación do texto, que vén engrosar a feble tradición da escrita en galego durante os “séculos escuros”. Editamos o texto e estudamos a súa lingua, tanto intrinsecamente coma por comparación coa dos outros autores do galego medio, tomando como base o corpus Gondomar, de recente apertura á consulta pública. Situámola no marco da continuidade entre a tradición medieval e os resultados modernos, nunha perspectiva de variación que combina sempre a ollada diacrónica coa diatópica. A análise do léxico permitiu tamén poñer o acento sobre algúns aspectos interesantes para a historia da cultura galega. Concluímos que o texto non é do padre Feijoo, que só debeu de intervir na nota lingüística final e, quizais, nas glosas marxinais. Canto á datación, situámolo provisoriamente a mediados do séc. XVIII.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Como Citar
Álvarez R. (2018). "Galanteo de mozo e moza", romance en lingua galega (séc. XVIII). Edición e estudo. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 15-31. https://doi.org/10.5209/MADR.62591
Secção
Artigos