Unha variación inexistente nas cantigas profanas galego-portuguesas: as formas "perdon" / "pardon"
Resumo
No marco dos problemas editoriais que presenta o texto das cantigas profanas galego-portuguesas por causa dun proceso de transmisión textual que dificulta a lectura ou interpretación dalgunhas formas ou pasaxes, neste artigo estúdase unha cuestión lingüístico-editorial de importancia para unha correcta e criteriosa fixación textual do corpus trobadoresco profano: a aparente variación perdon ~ pardon que se detecta en cantigas transmitidas polos apógrafos italianos. Após a revisión exhaustiva das ocorrencias de pardon nos manuscritos, conclúese que é produto dunha deficiente interpretación do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional. Do mesmo xeito, esta constatación permite facer algunhas outras emendas textuais de falsas formas e/ou variantes (perfiar / parfiar, per / par) en cantigas copiadas pola mesma man e que os editores, en xeral, mantiveron acriticamente.Downloads
##submission.format##
Licença
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, para fomentar o intercambio global do coñecemento, facilita o acceso sen restricións aos seus contidos desde o momento da súa publicación na presente edición electrónica, e por iso é unha revista de acceso aberto. Os orixinais publicados nesta revista son propiedade da Universidad Complutense de Madrid e é obrigatorio citar a súa procedencia en calquera reprodución total ou parcial. Todos os contidos distribúense baixo unha licencia de uso e distribución Creative Commons Recoñecemento 4.0 (CC BY 4.0). Esta circunstancia debe facerse constar expresamente desta forma cando sexa necesario. Pode consultar a versión informativa e o texto legal da licencia.
A revista Madrygal. Revista de Estudios Gallegos non cobra taxas por envío de traballos, nin tampouco cuotas pola publicación dos seus artigos.