Socialización bilingüe infantil en Galicia: secuencias conversacionais de chamada de atención nunha aula de educación infantil

  • Marta Díaz-Ferro Universidade de Vigo
Palabras clave: socialización, bilingüismo infantil, escola, chamadas atención, etnografía interaccional

Resumen

O traballo que se presenta a continuación aborda a socialización bilingüe infantil nunha aula de Educación Infantil na cidade galega de Vigo, zona maioritariamente castelán-falante; os nenos, un total de vinte cinco, reciben nesta clase un gran input en lingua galega, código base empregado pola mestra, con alternancias en castelán. Neste artigo centrarémonos nun grupo de secuencias conversacionais que teñen lugar durante unha das rutinas máis importantes da xornada escolar, coñecida como Tempo de asemblea; a importancia deste espazo reside en que as tarefas de alfabetización e organización do resto da xornada teñen lugar neste tempo. Dentro destas tarefas atopamos unha serie de interaccións catalogadas como chamadas de atención da mestra cara aos nenos e é nesas secuencias conversacionais nas que fixamos a nosa atención. O principal obxectivo do traballo consiste en analizar as ditas secuencias e comprobar os distintos usos que delas fai a mestra, que funcións lles outorga en relación coas diferentes situacións vividas na aula. A principal conclusión á que chegamos despois da análise realizada é que existe unha diminución deste tipo de interaccións debido á evolución positiva no comportamento dos nenos: estes van crecendo e interiorizando máis correctamente as pautas de comportamento que esixe cada momento da xornada escolar, concretamente este Tempo de asemblea.

 

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Díaz-Ferro M. (2019). Socialización bilingüe infantil en Galicia: secuencias conversacionais de chamada de atención nunha aula de educación infantil. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 259-267. https://doi.org/10.5209/madr.66864
Sección
Notas