'Os vellos non deben de namorarse', de Castelao: xestación e recepción

  • Laura Tato Fontaíña Universidade da Coruña
Palabras clave: Castelao, teatro galego, recepción, crítica literaria, historia do teatro

Resumen

Este artigo estuda o longo proceso de xestación de Os vellos non deben de namorarse, de Castelao e a súa recepción. Apoiándose en todo tipo de documentos (correspondencia, notas de prensa, artigos de xornal, manuscritos, críticas e autocríticas da estrea...) estabelécense tres períodos para a xestación da obra: Teatro de arte (1921-1923), Teatro de Caretas (1934-1936) e Os vellos non den de namorarse (1939-1941), cunha especial atención aos dous manuscritos que se conservan no Museo de Pontevedra e que non coinciden plenamente no seu contido. A seguir analízase a recepción da obra desde dúas perspectivas: a do público que asistía habitualmente ao teatro galego que se representaba na capital arxentina e a do público máis preparado e especializado, tanto da colonia galega como da cidade de Buenos Aires. Cérrase coas Conclusións en que se sostén que o Epílogo foi engadido a última hora, nun intento do autor de achegar o seu texto ao gusto do público popular ao que Castelao sempre se dirixía e a cuxo éxito vinculara o seu desexo de seguir escribindo para o teatro. Inclúese, en Anexo, un artigo de Castelao publicado no xornal Crítica que non está recollido en ningunha das compilacións da súa prosa.

 

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2019-12-05
Cómo citar
Tato Fontaíña L. (2019). ’Os vellos non deben de namorarse’, de Castelao: xestación e recepción. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 22, 241-258. https://doi.org/10.5209/madr.66862
Sección
Artículos