A importancia do elemento leonés nas falas de orixe galega do noroeste de Estremadura

  • Xosé-Henrique Costas González Universidade de Vigo

Resumo

Os autores que estudaron as falas de orixe galega do val do Ellas ou Xálima sempre describiron nelas unha relevante impronta leonesa, pois para os filólogos portugueses era leonés todo o que diferise do portugués, e para os filólogos españois era leonés todo o que non fose castelán. Imos tratar de verificar ata que punto son leonesismos exclusivos algúns trazos lingüísticos senlleiros destas falas. De 24 fenómenos descritos ata agora como leoneses pola maioría dos investigadores, só cinco resultan ser exclusivamente leoneses: dous sufixos nominais, un trazo fonético en valverdeiro, un trazo fonético en lagarteiro e un trazo morfolóxico en mañego e lagarteiro, co que deducimos que a importancia do elemento leonés nestas falas foi sobrevalorada.

Downloads

Não há dados estatísticos.
##submission.viewcitations##

##submission.format##

##submission.crossmark##

##submission.metrics##

Publicado
2021-11-16
Como Citar
Costas González X.-H. (2021). A importancia do elemento leonés nas falas de orixe galega do noroeste de Estremadura. Revista de Filología Románica, 38, 105-120. https://doi.org/10.5209/rfrm.78811
Secção
Artículos