Dámaso Alonso e a lingüística galega a partir da súa correspondencia (1943-1946) con Ramón Otero Pedrayo

  • Xosé A. Fernández Salgado Universidade de Vigo. Departamento de Filoloxía galega e latina

Resumen

Neste artigo lembramos a contribución á lingüística galega de Dámaso Alonso (1898-1990) nas décadas centrais do século XX. Tras anotar algúns datos biográficos sobre el e contextualizar os seus traballos de lingüista dentro da Romanística, nos cales ocupan un lugar destacado os dedicados ó galego, damos a coñecer oito cartas dirixidas a Ramón Otero Pedrayo entre 1943 e 1946. Nelas, Dámaso Alonso solicítalle ó daquela grande patriarca das letras galegas datos de tipo lingüístico; pero a correspondencia revela tamén as súas reflexións sobre o estudo do galego, o seu método de traballo e a súa relación con Galicia.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2018-09-28
Cómo citar
Fernández Salgado X. A. (2018). Dámaso Alonso e a lingüística galega a partir da súa correspondencia (1943-1946) con Ramón Otero Pedrayo. Revista de Filología Románica, 35, 241-263. https://doi.org/10.5209/RFRM.61696
Sección
Textos