Notas sobre unhas supostas especificidades semánticas na "fala" de Cáceres

  • Xosé Afonso Álvarez Pérez

Resumen

No noroeste de Cáceres existe unha variedade romance, a fala, de filiación discutida. O recente libro de Costas (2013) agrupa diferentes traballos que defenden a orixe galega, mediante procesos medievais de repoboamento. Un apartado recolle unha selección de palabras cun significado particular nesa variedade, unha listaxe que podería aducirse como proba do carácter singular destas variedades con respecto ás linguas do seu contorno e do seu afastamento con respecto ó portugués. Non obstante, este artigo propón unha análise contrastiva entre esas formas e os materiais dialectais casteláns e portugueses que revela que a situación está lonxe de ser como describe Costas. De feito, case a metade dos significados presentados nesa listaxe como propios da fala están perfectamente documentados no portugués dialectal. Este traballo quere reivindicar a necesidade de ter presentes os materiais dialectais próximos ó Val do Ellas, precaución necesaria para chegar a conclusións rigorosas sobre a orixe da fala.

Publicado
2017-01-20
Sección
Varia