Actitudes e prexuízos cara ás variedades estándar de galego e español no contexto educativo

Palavras-chave: estandarización, galego, prexuízos, calidade lingüística, “castrapo”

Resumo

Neste artigo estudamos a última fase do proceso de estandarización do galego, é dicir, a súa difusión, a través dun dos seus principais axentes, o profesorado de linguas; en concreto, centrámonos nos docentes das dúas linguas cooficiais en Galicia (galego e castelán). Con este fin, aplicamos un cuestionario sobre a percepción do profesorado con respecto ao coñecemento e valoración das variedades normativas por parte do seu alumnado. Ademais, tamén lles pediamos a súa opinión sobre a calidade lingüística dos seus discentes, así como sobre a propia autoavaliación destes. Levamos a cabo por tanto unha primeira aproximación aos posibles prexuízos que están actuando no ámbito educativo, prexuízos relacionados coa percepción das variedades estándar e a súa posible influencia na imaxe social das linguas implicadas. Dado que este traballo forma parte dunha investigación máis ampla, na que abordamos tamén directamente a perspectiva do propio alumnado –neste caso mediante técnicas cualitativas–, contrastamos os resultados obtidos desde ambos enfoques

Biografia do Autor

Ana Iglesias Álvarez, Universidade de Vigo.

Departamento de Filoloxía Galega e Latina.

Ver citações

Formato

Crossmark

Métricas

Publicado
2020-12-18
Como Citar
Iglesias Álvarez, A. (2020). Actitudes e prexuízos cara ás variedades estándar de galego e español no contexto educativo. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23, 199-214. https://doi.org/10.5209/madr.73071
Secção
Artigos