Achegamento á vida e á obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda

  • Patricia Arias Chachero IES Fermín Bouza Brey, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Palavras-chave: Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, in memoriam, Rosalía de Castro, biografía.

Resumo

O pasado 23 de setembro falecía, en Vigo, a profesora Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda, a principal estudosa da biografía de Rosalía de Castro. Con 57 anos acabados de cumprir, era unha investigadora rigorosa que valoraba a documentación obxectiva e a información contrastada. Discreta, afastada dos círculos culturais galegos, moitos coñecían a súa obra pero poucos a súa persoa. En trinta anos realizou importantes achegas sobre a familia de Rosalía, sobre o seu epistolario e amizades literarias. Ademais, deu a coñecer outros documentos relevantes e un libro no que se reúnen unha colección de comedias representadas no Liceo de la Juventud, en Compostela, por esta figura clave do Rexurdimento galego. Como investigadora tamén levou a cabo traballos sobre Eduardo Blanco Amor, Manuel Curros Enríquez, Valentín Lamas Carvajal, Manuel Murguía e distintas figuras da literatura galega. A estudosa viguesa deixa unha gran cantidade de traballos inéditos. Antes de morrer expresou a vontade de que a súa valiosa biblioteca e o seu riquísimo arquivo sobre Rosalía de Castro fosen custodiados na Universidade de Santiago de Compostela.
Ver citações

Formato

Crossmark

Métricas

Como Citar
Arias Chachero, P. (2018). Achegamento á vida e á obra de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 355-379. https://doi.org/10.5209/MADR.62611
Secção
In memoriam