Dicotomías, cánones e o queer ante a literatura galega

Palavras-chave: teoría queer, literatura galega, historia da literatura, canon literario

Resumo

As cuestións que se tratan neste artigo abordan o papel, traxectoria e desafíos dos estudos queer en relación á cultura e literatura galegas, entendidas como parte dunha realidade periférica nun proceso de emerxencia. A análise aborda aspectos metodolóxicos xerais que formaron parte do desenvolvemento da idea de canon desde os estudos queer e contrástaos con algunhas das estratexias e casos específicos na historia da literatura galega, prestando atención ás problemáticas de encaixe que presentan algúns dos seus postulados clásicos. Ao mesmo tempo, o artigo valora o papel da documentación e do rastro biográfico das voces autoriais, barallando o papel de compensación entre unha idealizada obxectividade que inhibe a crítica estrutural, e o papel xusto da subxectividade na investigación. Nese sentido tamén dá espazo ás perspectivas que se abren na hermenéutica dos textos e o posíbel papel da interpretación, a sospeita e o coñecemento informal.

Ver citações

Formato

Crossmark

Métricas

Publicado
2026-04-10
Como Citar
Regueira, M. (2026). Dicotomías, cánones e o queer ante a literatura galega. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 28, e108904. https://doi.org/10.5209/madr.108904
Secção
Monográfico