Exclusión, poder e xénero segundo Daniel Asorey: ¿cara á dimensión utópica do distópico?

Agências: figuras de parias, mecanismos de exclusión, distopía/utopía, Daniel Asorey

Resumo

Este artigo analiza a novela distópica de Daniel Asorey As mulleres da fin do mundo (2018) á luz das teorías sobre a exclusión de Hannah Arendt (2004) e Eleni Varikas (2017). Segundo estas pensadoras, nas marxes xorden figuras de exclusión, como os marxinados e disidentes, que non son só “a escoria do mundo” (Varikas 2017) senón figuras que afirman a súa non pertenza e desobediencia aos discursos dominantes. Como demostraremos, a novela de Asorey resulta especialmente útil para plasmar estas figuras e os mecanismos de exclusión que operan sobre elas. As mulleres da fin do mundo forma parte da corrente distópica da literatura, pois conta con moitos elementos constitutivos deste xénero (mundo dexenerado, tecnocrático, estruturas ditatoriais e negación das liberdades individuais humanas, realidades subalternas e reprimidas etc.). Ao mesmo tempo, coa súa chamada á rebelión, o texto soña cunha utopía: unha (trans)matria sen binarismos nin discriminación de xénero, clase ou raza. Na análise centrámonos, en particular, en como se emprega a distopía para denunciar os mecanismos de exclusión que operan no sistema capitalista e heteropatriarcal; coa familia tradicional, o crecemento económico infinito, o consumismo e a relixión como alicerces.

Ver citações

Crossmark

Métricas

Publicado
2024-12-21
Como Citar
Kumor, K., & Moszczyńska-Dürst, K. (2024). Exclusión, poder e xénero segundo Daniel Asorey: ¿cara á dimensión utópica do distópico? Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 27, e104760. https://doi.org/10.5209/madr.104760
Secção
Artigos