Variación na morfoloxía verbal do galego da comarca do Ribeiro

  • Eduardo Louredo Rodríguez IES Cosme López Rodríguez / Instituto da Lingua Galega, Universidade de Santiago de Compostela https://orcid.org/0000-0002-7772-6358
Palavras-chave: galego, morfoloxía verbal, dialectoloxía, variación lingüística, tempo aparente
Agências: Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015

Resumo

Neste traballo estúdase unha serie de variables lingüísticas que teñen en común a súa pertenza ao ámbito da morfoloxía verbal. Os datos para este estudo foron obtidos mediante entrevistas con cuestionario a trinta individuos de dez localidades diferentes da comarca do Ribeiro (provincia de Ourense). Estes datos foron complementados coa transcrición das entrevistas semidirixidas realizadas aos mesmos individuos. Con este traballo pretendo amosar como as variantes estudadas están suxeitas a procesos de cambio lingüístico, observable nos usos lingüísticos de tres grupos de idade diferentes. A aparición das diferentes variantes débese tanto a factores internos (analoxía ou simplificación do sistema), como a factores externos (contacto con outras variedades lingüísticas); a expansión dalgunhas delas é atribuíble ao contacto co castelán ou con outras variedades galegas próximas.

Ver citações

Formato

Crossmark

Métricas

Publicado
2024-12-21
Como Citar
Louredo Rodríguez, E. (2024). Variación na morfoloxía verbal do galego da comarca do Ribeiro. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 27, e104751. https://doi.org/10.5209/madr.104751
Secção
Artigos