"Sobredose dun rostro": o poder dun retrato de Ingrid Bergman e as súas conse- cuencias

  • Clara Vidal Investigadora independente en poesía galega contemporánea.
Palavras-chave: Síndrome de Stendhal, agalmatofilia, literatura galega, poesía galega, Manuel Álvarez Torneiro, poema “Tardes de Ingrid Bergman”.

Resumo

Este traballo trata sobre a lectura dun poema de Manuel Álvarez Torneiro tendo en conta o poder da imaxe e as consecuencias físicas e psíquicas que poden chegar a espertar nos receptores da obra de arte. Na análise do poema, téñense en conta tanto os recursos que se empregan nos versos como a situación que se pode imaxinar que está a pasar o “eu poético”, pois este non deixa de ser un exemplo de admirador artístico que se deixa alterar pola imaxe que ve, do mesmo xeito que podería facer o lector do poema. Neste sentido, trátase a representación artística en xeral que conmove o espectador, a creación de vida que se fai grazas á conmoción que se sofre e as consecuencias que veñen da man desa conmoción; sempre, todos estes aspectos, tendo como referencia o exemplo do poema obxecto de estudo, “Tardes de Ingrid Bergman”, escusa que se emprega para tratar estes temas.
Ver citações

Formato

Crossmark

Métricas

Como Citar
Vidal, C. (2018). "Sobredose dun rostro": o poder dun retrato de Ingrid Bergman e as súas conse- cuencias. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 21, 323-332. https://doi.org/10.5209/MADR.62608
Secção
Notas