Unha primeira aproximación á documentación censora do teatro galego (1942-1970) no Arquivo Xeral da Administración

Palabras clave: teatro galego contemporáneo, Arquivo Xeral da Administración, censura

Resumen

No presente artigo analizamos algúns expedientes da censura franquista que conteñen as solicitudes de representación do teatro galego xerados no período de entre 1942 e 1970 conservados no Arquivo Xeral da Administración (Alcalá de Henares). Nun primeiro apartado realízase unha aproximación histórica á censura; no segundo estúdase o funcionamento interno e a estrutura organizativa da censura ao longo deses anos. Tras esas premisas, nos apartados seguintes analízanse os expedientes que se xeraron a propósito da produción galega e que se conservaron no AGA, tanto as solicitudes de representación teatral do período referido como os expedientes relativos a certas edicións dos textos representados. Da documentación analizada dedúcese, ademais, o proceso evolutivo da dramaturxia galega naquela cronoloxía, desde un teatro de carácter costumista ás novas dramaturxias en lingua galega próximas xa ás do teatro europeo coetáneo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.
Ver citas

Descarga artículo

Crossmark

Métricas

Publicado
2020-12-21
Cómo citar
Fernández Poza Ó. (2020). Unha primeira aproximación á documentación censora do teatro galego (1942-1970) no Arquivo Xeral da Administración. Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, 23(Especial), 153-162. https://doi.org/10.5209/madr.73618